bibliomontecarrasco

Información xeral da Biblioteca

Arquivo do mes “Marzo, 2011”

The Beatles Rockband Intro

<p><a href=”http://vimeo.com/6613463″>The Beatles Rockband Intro</a> from <a href=”http://vimeo.com/steffromuk”>Stephane coedel</a> on <a href=”http://vimeo.com”>Vimeo</a&gt;.</p>

INTRO DE INSPIRACIÓN CINEMATOGRÁFICA PARA O VIDEOXOGO  The Beatles: Rockband .

Advertisements

CONTINUAMOS CELEBRANDO A POESÍA E A AUGA

Novamente un poema de Bernardino Graña que nos transmite a idea “dun mar que crece e decrece acollendo a multiplicidade caótica de vida e enerxía” (X.M. Millán Otero)


FEBRE NO MAR

Os carromeiros mestos

buligan entre os peixes

levantan testas torpes

teñen máis mans que as larvas sen quitina

dos duros caranguexos

cunchas de nácar

regos

onde escorrega o verde

marusías continuas

cheirosas a cabalo e zocos vellos

felechos

barbas raras

descontrolando os censos

todo o que vén á beira e queda en praia

en celestial moi fina branca area

todo o que vai medrando no segredo

dos laños

pozas

rías

nos abismos

polo verde.

E ás veces vén en bancos rebrincando ledo

en gárgolas que choutan van deica o aire en superficie

en estalidos brancos

choutando rebrincando

en mil camiños

van e veñen

fan cervexa

na noite son rumor e son estrelas

milleiros de estreliñas noctilucas

un día submarino

noite acesa

vibátil seme fresco

nubes no mar

por dentro

que tamén teñen tronos e centellas

Bernardino Graña, Profecía do mar

ODA AOS MARIÑEIROS DE CANGAS

ODA AOS MARIÑEIROS DE CANGAS

Polo escuro do mar que vos contruba

aínda hai peixes de luz nos seus abrigos,

mariñeiros de Cangas, meus amigos,

meus irmáns de salitre e sol e chuva.


Solte a ría un exército de naves,

mariñeiros de Cangas, traede as liñas,

que, anunciando o fumazo das sardiñas,

polos cons e cabezos cantan aves.


Polas ondas sen muros e sen diques,

polo lombo do Atlántico azulado

brinca e bufa o arroaz todo apurado

perseguindo os bonitos e os alcriques.


Máis alá de Sobrido ti me guíes,

mariñeiro de Cangas, ti me leves

para ver os escumallos e os percebes

e mirar dende a popa as Illas Cíes.


Máis alá do Cabalo e Cabo Home

da Negra e deses baixos de Biduído,

mariñeiro de Cangas, vas perdido

e o mar é un gran misterio que te come.


Como horribles fantasmas aparecen

dende o fondo, xurdindo, nos sorríos,

estrañas ardentías e navíos

e tristes afogados que amolecen.


Pero rompe, que podes, contra o medo,

dálle avante con forza, anque che doa,

contra noites e néboas pon a proa,

mariñeiro de Cangas, e ven cedo.


Ven loguiño a vender o peixe a Vigo

e trae unha canción do son dos mares

para beber e cantar xuntos nos bares,

mariñeiro de Cangas, meu amigo.


Bernardino Graña, Profecía do mar

O BIBLIOBURRO

FIXÁDEVOS CON QUE MIMO E COIDADO TRANSPORTA OS LIBROS LUIS SORIANO POLAS ALDEAS DE COLOMBIA.

LUIS SORIANO É UN MESTRE DE COLOMBIA QUE NAS FINS DE SEMANA SE ADICA A PERCORRER AS ALDEAS DE COLOMBIA PARA COMPARTIR A SÚA COLECCIÓN DE LIBROS E LERLLES  AOS NENOS.

VIAXA COS SEUS BURROS ALFA E BETO, AOS QUE PON UNHAS ALFORXAS NAS QUE TRANSPORTA LIBROS PARA AS XENTES QUE VIVEN NAS ALDEAS MÁIS AFASTADAS DE COLOMBIA. CRE QUE PÓR LIBROS AO ALCANCE DAS PERSOAS QUE NON OS TEÑEN PODE MELLORAR COLOMBIA.

CRE NO PODER DE TRANSFORMACIÓN QUE PODE CHEGAR A EXERCER A LECTURA.

O PODCAST

http://www.ivoox.com/biblioburro-luis-soriano-arte-de-educar-audios-mp3_rf_383805_1.html

Navegación de artigos