bibliomontecarrasco

Información xeral da Biblioteca

Arquivo do día “Marzo 4, 2011”

ODA AOS MARIÑEIROS DE CANGAS

ODA AOS MARIÑEIROS DE CANGAS

Polo escuro do mar que vos contruba

aínda hai peixes de luz nos seus abrigos,

mariñeiros de Cangas, meus amigos,

meus irmáns de salitre e sol e chuva.


Solte a ría un exército de naves,

mariñeiros de Cangas, traede as liñas,

que, anunciando o fumazo das sardiñas,

polos cons e cabezos cantan aves.


Polas ondas sen muros e sen diques,

polo lombo do Atlántico azulado

brinca e bufa o arroaz todo apurado

perseguindo os bonitos e os alcriques.


Máis alá de Sobrido ti me guíes,

mariñeiro de Cangas, ti me leves

para ver os escumallos e os percebes

e mirar dende a popa as Illas Cíes.


Máis alá do Cabalo e Cabo Home

da Negra e deses baixos de Biduído,

mariñeiro de Cangas, vas perdido

e o mar é un gran misterio que te come.


Como horribles fantasmas aparecen

dende o fondo, xurdindo, nos sorríos,

estrañas ardentías e navíos

e tristes afogados que amolecen.


Pero rompe, que podes, contra o medo,

dálle avante con forza, anque che doa,

contra noites e néboas pon a proa,

mariñeiro de Cangas, e ven cedo.


Ven loguiño a vender o peixe a Vigo

e trae unha canción do son dos mares

para beber e cantar xuntos nos bares,

mariñeiro de Cangas, meu amigo.


Bernardino Graña, Profecía do mar

Advertisements

O BIBLIOBURRO

FIXÁDEVOS CON QUE MIMO E COIDADO TRANSPORTA OS LIBROS LUIS SORIANO POLAS ALDEAS DE COLOMBIA.

LUIS SORIANO É UN MESTRE DE COLOMBIA QUE NAS FINS DE SEMANA SE ADICA A PERCORRER AS ALDEAS DE COLOMBIA PARA COMPARTIR A SÚA COLECCIÓN DE LIBROS E LERLLES  AOS NENOS.

VIAXA COS SEUS BURROS ALFA E BETO, AOS QUE PON UNHAS ALFORXAS NAS QUE TRANSPORTA LIBROS PARA AS XENTES QUE VIVEN NAS ALDEAS MÁIS AFASTADAS DE COLOMBIA. CRE QUE PÓR LIBROS AO ALCANCE DAS PERSOAS QUE NON OS TEÑEN PODE MELLORAR COLOMBIA.

CRE NO PODER DE TRANSFORMACIÓN QUE PODE CHEGAR A EXERCER A LECTURA.

O PODCAST

http://www.ivoox.com/biblioburro-luis-soriano-arte-de-educar-audios-mp3_rf_383805_1.html

Navegación de artigos