21 DE MARZO, DÍA MUNDIAL DA POESÍA
A UNESCO na súa 30º reunión da conferencia de UNESCO en París, decide proclamar o 21 de marzo como Día Mundial da Poesía.
Dous motivos son os que levan a esta elección:
- 21 de marzo celébrase o equinoccio de primavera.
- 21 de marzo está consagrado á eliminación da discriminación racial.
O obxectivo principal desta celebración é o de soster a diversidade dos idiomas a través da expresión poética e ofrecer aos que están ameazados, a oportunidade de expresarse nos seus propios países, comunidades e entornos.
Con iso preténdese:
- Fomentar os recitais de poesía.
- Integrar a poesía co resto das artes: música, teatro…
- Integrala cos temas de actualidade: cultura da paz, tolerancia…
- Recuperar e afirmar a identidade da poesía.
- Foméntase a poesía, dándolle unha importancia culturar e social. Trátase dunha promoción permanente.