bibliomontecarrasco

Información xeral da Biblioteca

Arquivo do día “Febreiro 24, 2011”

22 MARZO, DÍA MUNDIAL DA AUGA

CHOVE EN XANEIRO

 

Chove en xaneiro

sobre a campía.

Choiva moi mesta.

Choiva moi fría.

 

Chove en febreiro

encol da terra.

Choiva que laia.

Choiva que berra.


Chovisca en marzo

contra as esquinas.

Choiva lixeira.

Choiva ben fina.


Chove en abril

sobre as chorimas.

Choiva de vidro.

Choiva-andoriña.

 

 

Chove en maio

na madrugada.

Choiva quentiña.

Choiva calada.


Chovisca en xuño

sobre as fogueiras.

Choiva enmeigada.

Choiva algareira.


Chovisca en xullo

sobre a dozura.

Choiva-salouco.

Choiva miúda.


Chove en agosto

sobre as tronadas.

Choiva rugosa.

Choiva amoucada.

Chove en setembro

contra as xanelas.

Choiva que esvara.

Choiva que enlea.

 

 

Chove en outubro

sobre o silencio.

Choiva saudosa.

Choiva-misterio.


Chove en novembro

sobre as lembranzas.

Choiva que voa.

Choiva que danza.


Chove en decembro

sobre a xeada.

Choiva friorenta.

Choiva nevada.

 

Chove nos versos, Antonio García Teijeiro, Ed. Xerais

21 marzo, DÍA MUNDIAL DA POESÍA




21 DE MARZO, DÍA MUNDIAL DA POESÍA

A UNESCO na súa 30º reunión da conferencia de UNESCO en París, decide proclamar o 21 de marzo como Día Mundial da Poesía.

Dous motivos son os que levan a esta elección:

  • 21 de marzo celébrase o equinoccio de primavera.
  • 21 de marzo está consagrado á eliminación da discriminación racial.

O obxectivo principal desta celebración é o de soster a diversidade dos idiomas a través da expresión poética e ofrecer aos que están ameazados, a oportunidade de expresarse nos seus propios países, comunidades e entornos.

Con iso preténdese:

  • Fomentar os recitais de poesía.
  • Integrar a poesía co resto das artes: música, teatro…
  • Integrala cos temas de actualidade: cultura da paz, tolerancia…
  • Recuperar e afirmar a identidade da poesía.
  • Foméntase a poesía, dándolle unha importancia culturar e social. Trátase dunha promoción permanente.

 

Navegación de artigos