bibliomontecarrasco

Información xeral da Biblioteca

GUSTOU…

 

El aguijón del diablo, Ricardo Alcántara

Zaragoza: Ed. Edelvives, 1998

ARGUMENTO

Gustavo, o protagonista, está moi raro. Sempre está enfadado, contesta mal á súa nai e hai tempo que non aparece no instituto.

Súa nai, Joaquina, non entende que lle pasa e quere descubrilo; aínda que isto lle supoña descubrir unha realidade que lle fará dano: o seu fillo é drogadicto. Joaquina bótalle moito coraxe e intenta salvar o seu fillo pero non o consegue. Para colmo, nesta loita está soa, o seu home non a apoia, pola contra, abandónaa e deixa que se enfronte ela soa ao problema do seu fillo.

Tan ocupada está Joaquina neste lío que non se decata de que deixou de prestarlle atención ao seu outro fillo, Fernando. Este sente que non conta para ela, pero aínda así, sempre encobre e protexe ao seu irmán, tanto que aínda chega a roubar por el.

Ha ser a nai de Gustavo quen teña que tomar unha dura decisión; por máis que quere ao seu fillo, non poderá axudalo mentres el non queira.

OPINIÓN PERSOAL

Ten que ser moi duro para unha nai enfrontarse aos problemas que poden acarrear os fillos. E os fillos ás veces temos problemas e ao non sabermos como afrontalos, metémonos en líos. Moitas veces porque non queremos oír o que nos din os nosos pais.

Este libro fala dos problemas que nos poden causar as drogas, e estes non sacan a ninguén de ningún problema, se non che traen máis. Gustavo serpárase da súa familia, vai con malas compañas, deixa os estudos, rouba á súa propia nai e ao señor que lle dá traballo. Creo que arruinou a vida.

Recomendaría este libro porque merece a pena que sexamos capaces de poñernos no sitio dos nosos pais e poder reflexionar sobre canto poden chegar a sufrir cando un fillo se mete nas drogas.

ÁNGEL GONZÁLEZ COSTA 1º A

Advertisements

Single Post Navigation

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: