bibliomontecarrasco

Información xeral da Biblioteca

Arquivo do día “Febreiro 2, 2011”

XOVES 3 DE FEBREIRO: CELEBRAMOS A NON-VIOLENCIA E A PAZ NA BIBLIOTECA

Dentro das actividades dos recreos culturais, este xoves 3 de febreiro imos conmemorar o Día Escolar da Non-Violencia e a Paz vendo unha curta que aborda o tema da guerra.

A Guerra, curta dirixida por Jorge Dorado, é unha historia sobre a guerra e as súas pegadas vistas dende os ollos dun neno. Fala das crueis e tráxicas consecuencias que os conflitos armados teñen para a poboación civil.

 

<p><a href=”http://vimeo.com/14604173″>La Guerra.</a> from <a href=”http://vimeo.com/user1760705″>JORGE DORADO</a> on <a href=”http://vimeo.com”>Vimeo</a&gt;.</p>

30 XANEIRO DÍA ESCOLAR DA NON-VIOLENCIA E A PAZ

O 30 de xaneiro celébrase o Día Escolar da Non-Violencia e a Paz, declarado como tal en 1964.

Xorde dunha iniciativa non gubernamental, independente e voluntaria, do profesor español Llorenç Vidal.

O seu obxectivo é a educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz.

O DENIP foi recoñecido polo Ministerio de Educación e Ciencia, mediante a Orde Ministerial do 29 de novembro de 1976.

O día 30 de xaneiro conmemórase ademais a morte do líder nacional e espiritual da India, o Mahatma Gandhi, o 30 de xaneiro de 1948, asasinado a tiros por un fanático hinduísta.

Navegación de artigos